Unha compañía canadense, Neptune, quere destacar no emerxente segmento de produtos que casan reloxos e smartphones, polo que presenta o Neptune Duo, un conxunto de dous dispositivos que parece mudar as tornas na relación entre os smartphones e os smartwatches, colocando no pulso o elemento principal.
Temos así que o Neptune Hup será un accesorio para levar no pulso que funcionará cun potente procesador de catro núcleos, terá conectividade 3G/4G, Bluetooth, Wi-Fi, GPS e NFC e fará practicamente todas as funcións propias dun smartphone, mentres que para poder gozar visualizar contidos nun tamaño máis confortable contará co Neptune Pocket, un accesorio con pantalla de 5 polgadas que pode actuar como un rato, un teclado ou un monitor, ou sexa, que non será intelixente, xa que a potencia estaría no dispositivo wearable.


Esta proposta tecnolóxica pretende chegar ao mercado a finais de ano, abríndose xa o seu proceso de reservas, de xeito que os interesados en facerse co produto poden adiantar parte do seu prezo de 798 dólares (701,33 euros), podendo reducirse o prezo ata os 498 dólares (437,68 euros) de adiantarse completamente o pagamento do trebello.
Vídeo de presentación do Neptune Duo
Neptune Duo intercambia os roles de smartwatches e smartphones
Compartir Este Artigo

