
O Lumia 640 e Lumia 640 XL son uns smartphones bastante completos que buscan ter unha boa relación co escritorio informático e coa produtividade, de xeito que incluirán unha subscrición persoal durante un ano ao servzio Office 365, o que permitirá gozar do software Microsoft Office no teléfono e tamén nunha tableta e nun ordenador (con Windows ou OS X) incluíndo tamén 1 TB de almacenamento en OneDrive. Un excelente complemento que animará aos novos usuarios de terminais Lumia a confiar máis nos servizos na nube.

No caso do Lumia 640 XL a pantalla medra ata as 5,7 polgadas, indo acompañada por unha batería de 3.000 mAh e cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, o que fai que o grosor ascenda ata os 9 milímetros e o peso ata os 171 gramos. O prezo tamén se incrementa ata os 189 euros no modelo 3G e 219 euros no caso do modelo 4G (LTE).
Estes novos terminais sairán á venda o mes que vén, aínda que no foi o único produto presentado hoxe por Microsoft, que tamén deu a coñecer o seu novo teclado universal, que pode dobrarse pola metade para facilitar o seu transporte, e que a través de Bluetooth poden conectarse a ordenadores, tabletas e smartphones (sendo compatible tamén con Windows Phone a partires da chegada de Windows 10).
Vídeo promocional dos novos Lumia presentados esta mañá

