Aínda que 2015 está previsto que sexa o ano da consolidación das consolas de nova xeración, algúns títulos programados inicialmente para o presente ano poderían non chegar a desenvolverse a tempo, e o primeiro grande título exclusivo en confirmar que non cumprirá co calendario previsto non é outro que Uncharted 4: A Thief’s End, xogo de Naughty Dog que era un dos grandes reclamos para facerse cunha PlayStation 4 este ano, e que final non será unha realidade ata a primavera de 2016.
Dende o estudio responsable do xogo aseguran que unha vez postos en faena foron deducindo que o proxecto que tiñan entre mans ra moito máis ambicioso do que imaxinaran inicialmente, polo que optar por adiara o lanzamento da nova aventura de Nathan Drake, que pretende ser o derradeiro capítulo das súas aventuras, polo que non queren precipitarse á hora de narrar esta historia.
É posible que este retraso pase factura á PlayStation 4, xa que perde un dos grandes argumentos de compra da consola de cara á campaña de Nadal, mentres que a Xbox One si tería o seu grande exclusivo, Halo 5: Guardians, o vindeiro outono, o que podería permitir que a consola de Microsoft supere novamente á de Sony en mercados como o norteamericano.
Trailer de Uncharted 4 estreado na pasada edición do E3
Uncharted 4 non verá a luz ata a primavera de 2016
Compartir Este Artigo
