Coa chegada das actual xeración de consolas de videoxogos Microsoft conseguiu marcarse un tanto co xogo Titanfall, que estes días celebra o seu primeiro aniversario agasallando o seu pase de tempada para Xbox 360 e Xbox One, xa que conseguiron o compromiso de Respawn para que este título non chegase ás consolas de Sony, pero dende o primeiro momento deixaron claro que esta exclusividade non afectaría a toda a franquía, e finalmente Vince Zampella, director xeral do estudio, confirmou a IGN que Titanfall 2 está en desenvolvemento para Xbox One, PlayStation 4 e PC.
Que a secuela deste grande xogo de acción en primeira persoa fose a estar dispoñible para máis plataformas que a primeira entrega, conseguindo chegar así a un maior público, de xeito que finalmente podería competir en vendas con grandes franquías como Call of Duty ou Battlefield, ás que pretende bater ofrecendo un modo multi-xogador rico e intenso. Polo momento non hai data estimada para o lanzamento de Titanfall 2, aínda que podemos dar por feito que na vindeira edición do E3 amosarán o que podería ofrecer este título e o que teriamos que agardar polo mesmo.
Titanfall 2 contará con versión para PS4
Compartir Este Artigo
