Para fomentar a compra da súa consola de nova xeración, Sony volve celebrar os PS4 Days, promoción que facilita a compra dunha consola PlayStation 4 cun xogo adicional ao prezo habitual dunha consola solta, 399 euros, o que é unha boa oportunidade para dar o salto á PS4. Esta oferta desenvolverase ata o día 12 de abril, e neste momento pode aproveitarse cos xogo Battlefield Hardline (lanzado a semana pasada), The Order 1886, Destiny, GTA V, Far Cry 4, Evolve e FIFA 15, mentres que a partires do mércores tamén estará dispoñible o lote que incluirá o xogo Bloodborne, que é un dos grandes lanzamentos exclusivos de PS4 para a primeira metade do ano, e que actualmente pode reservarse por 59,99 euros (deixando claro que a adquisición da consola con este título supón un aforro significativo). Este último título está especialmente recomendado para os que gustasen dos xogos Demon’s Souls, Dark Souls e Dark Souls II, xa que é dos mesmos xogadores, e está considerado como o seu herdeiro.
Vídeo promocional dos novos PS4 Days
Sony oferta temporalmente a PS4 cun xogo sen custo adicional
Compartir Este Artigo
