Que en ordenadores persoais hai xogos de simulación de case calquera cousa non debería sorprendernos, pero que estes títulos de nicho cheguen a consola de videoxogos é menos frecuente, xa que precisan chegar ata unha masa crítica de usuarios que faga rendible a súa conversión a consola, o que parece que conseguiron dende GIANTS Software co seu Farming Simulator 15, dispoñible dende o pasado outono para Windows e OS X por 29,99 euros, e que o vindeiro 19 de maio estreará versións para PS3, Xbox 360 (a 39,99 euros) e, por primeira vez na historia desta franquía, tamén para PS4 e Xbox One (a 49,99 euros).
Este simulador lévanos a superar os retos diarios dunha granxa moderna, como traballar con animais (vacas, polos e ovellas), cultivar a terra e colleitar, para o que cóntase cun catálogo de máis de 100 vehículos e ferramentas, máis de 40 marcas licenzadas (como New Holland, Case IH, Deutz-Fahr, Ponsse…). Tamén se pode talar o monte e incluso gozar dun modo multi-xogador cooperativo para poder gozar deste título cos amigos (ata 15 persoas poderán axudar a levar unha granxa).
Esta franquía converteuse en todo un fenómeno, vendido máis de 2,5 millóns de copias da súa versión do ano 2013, e prometendo un acabado moi mellorado nesta nova entrega que vén de estrear trailer:
A simulación de granxas chegará ás novas consolas o mes que vén
Compartir Este Artigo
