A semana pasada o Steam Workshop engadiu a opción de poder fixar un prezo os mods de The Elder Scrolls V: Skyrim, de xeito que os usuarios que desenvolvían modificacións do xogo na súa versión para PC podían rendibilizar o seu traballo, característica que estreouse cun grande rexeitamento por parte da comunidade de xogadores de PC, que defenden historicamente que os mods deben ser de balde.
Este movemento contra unha funcionalidade opcional (os usuarios son libres de publicar as súas creacións de balde) visibilizouse a través dunha campaña en Change.org (con 133.011 sinaturas recollidas) e no propio xogo (no que había usuarios portando letreiros de protesta), o que levou a Valve e Bethesda a recuar, e anunciar que eliminan a opción de pagamento do Skyrim Workshop, chegando incluso a devolver os cartos a todos os usuarios que pagasen por un mod.
Dende Valve chegan a desculparse, e chegan a asegurar que “non entendemos claramente o que estabamos a facer”, limitándose a engadir funcionalidades para facer medrar a súa plataforma de xogos e abrindo unha porta á rendibilidade da creación de mods, o que parecía estar a funcionar ben con outros títulos, pero que non parece poder aplicarse a Skyrim, xogo que parte dunha grande comunidade de modders xa consolidada, na que o temor de converter os contidos dos usuarios en produtos de pagamento creou unha reacción furiosa, por ver como unha tradición se vía ameazada.
O máis rechamante de todo asunto é que Valve decidise dar un paso atrás rapidamente e retirar unha funcionalidade que achegáballe beneficios económicos (Valve e Bethesda recibían o 75% das vendas de mods) por respecto aos seus usuarios.
Retiran os mods de pagamento de Skyrim ante as queixas dos usuarios
Compartir Este Artigo
