Estes días está a conmemorarse os 35º aniversario de Pac-Man, e Bandai Namco non quere deixar pasar a ocasión para anunciar que no verán lanzará un xogo de balde para smartphones e tabletas que desenvolve con Hipster Whale (os creadores do popular Crossy Road) titulado PAC-MAN 256, que vén a ser unha curiosa revisión do xogo orixinal na que o Comecocos deberá percorrer un labirinto sen fin polo que o perseguirá o famoso erro 256 presente na recreativa orixinal (un fallo do xogo que amosa caracteres aleatorios en pantalla).
Conservando parcialmente os gráficos e a mecánica orixinal do xogo (Pac, as pantasmas Blinky, Pinky, Inky e Clyde, e as pílulas máxicas), PAC-MAN 256 destaca por presentar unha perspectiva tridimensional que resulta máis atractiva para os usuarios actuais, e tamén contará con algúns elementos adicionais (moedas, power-ups…) para facer máis intensa a persecución.
Vídeo de presentación de PAC-MAN 256
