Hoxe botou a andar no recinto feiral de EXPOCoruña unha nova edición da ExpOtaku, encontro para seareiros da banda deseñada e a animación xaponesas, o cosplay e os videoxogos, que continuará ata o domingo, e conta cunha grande participación de público.
Estamos ante a que parece ser a edición con maior presenza dos videoxogos ata o momento, cunha ampla zona organizada por Nintendo na que poden probarse as novas consolas New Nintendo 3DS e os seus últimos xogos (entre so que non falta o novo Codename S.T.E.A.M.) e incluso pode socializarse nos seus distintos photocalls nos que os asistentes poden sacar fotografías ambientadas nos xogos The Legend of Zelda: Majora’s Mask e Monster Hunter.
Tamén están dispoñibles consolas modernas e clásicas para uso libre, organízanse numerosos torneos e non falta unha zona para desenvolvedores galegos independentes, como AxouxereGames e DemonKoffee, que tamén premiarán aos mellores xogadores dos seus títulos.
Toda unha festa que durante a fin de semana celebrarase seguindo o programa que debullamos a continuación:
Sábado, 23 de maio
11:00 – Obradoiro de iniciación ao videoxogo Ultra Street Fighter IV (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de League of Legends 5v5 (LolCon) na zonaLOL
12:00 – Torneo de Dragon Ball Xenoverse (PS4); Reto Baseball Smash (Wii U) 1ª parte (Asociación Freak!)
13:00 – Gran concurso Pokemon ROZA (N3DS)
14:00 – Torneo de FIFA 2015 – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
15:00 – Reto Baseball Smash (Wii U) 2ª parte (Asociación Freak!)
16:00 – Torneo de Just Dance 2015 – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de Touhou 14.5 (PC) (Northern Hype Keepers)
17:00 – Torneo de Halo Reach (Xbox 360); Torneo de Pokemon X/Y monotype (N3DS)
19:00 – Torneo de Guitar Hero World Tour – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia)
Domingo, 24 de maio:
10:00 – Freeplay e consellos de Tekken Tag Tournament 2 e Ultra Street Fighter IV (PS3 y Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo eliminatorio de Osu! (PC) (stand de asociación Freak!)
11:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Amateur (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
12:00 – Torneo de Final Fantasy Dissidia 012 (PSP)
13:00 – Torneo de Ultra Street Fighter IV – Amateur (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros (Wii U)
15:00 – Torneo de Pokemon limitado (N3DS)
16:00 – Torneo de Ultra Street Fighter IV – Profesional (Xbox 360) (Zona de Ocio Galicia); Torneo de Crypt of the Necrodancer (PC) (Northern Hype Keepers)
17:00 – Torneo de World Rally Championship 2 (PS2)
18:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Profesional (PS3) (Zona de Ocio Galicia)
19:00 – Trivial de Nintendo no Escenario
