Para simplificar as instalacións domésticas, Telefónica pretende colocar nos fogares dos seus clientes a partires do verán a Home Gateway Unit, unha nova solución que substituirá a varios dispositivos actuais (o router, o ONT e o videobridge) para acceder aos servizos de telefónica. O produto desenvolveuse dende o Centro Global de Desenvolvemento de Dispositivos de Telefónica, que pretende deseñar, desenvolver e certificar unha carteira global de dispositivos fixos e móbiles homoxénea para todas as operacións do Grupo Telefónica.
A Home Gateway Unit de Telefónica, que primeiro despregarase en España, para chegar antes do remate do ano a países como Brasil ou Chile, integra varias antenas internas (4 para Wi-Fi a 5 GHz e 2 para Wi-Fi de 2,4 GHz), un porto FXS para poder integrar VoIP, 4 portos Gigabit Ethernet e chip Broadcom para GPON que permitiría ata velocidades simétricas a 1 Gbps. Temos así un dispositivo que permite ao cliente gozar da actual oferta de fibra de Movistar a 300 Mbps, así como as futuras velocidades que están por chegar.
Telefónica despregará un novo dispositivo para adaptar os fogares aos seus novos servizos de banda larga
Compartir Este Artigo

