O vindeiro día 23 chega ás tendas o adiado e agardado Batman: Arkham Knight, xogo de Rocksteady Studios que porá remata ao que os seus responsables consideran como unha triloxía (aínda que contou con xogos paralelos desenvolvidos por outros estudios), ofrecéndose con distintos contidos adicionais en función do establecemento no que se reserve, o que estaba a crear certo malestar entre os compradores, que non consideraban xusto que non existise un xeito de reservar o xogo facéndose con todo ese material exclusivo, pero finalmente non parece que vaia haber maior problema, pois detallan que eses contidos adicionais só teñen unha exclusiva temporal que rematará en agosto ou setembro segundo o caso.
Que quere dicir isto na práctica? Pois que os usuarios que adquiran o pase de tempada de Batman: Arkham Knight terán acceso a 6 meses de contidos adicionais que irán enriquecendo o xogo e nos que se incluirán os contidos destinados aos usuarios que reservaron o xogo (como as historias de Harley Quinn e Red Hood) unha vez remate o período de exclusividade concertado coas distintas cadeas de distribución.
Outra novidade relativa ao lanzamento do xogo é que a súa edición máis luxosa, que incluída unha estatua dun Batmóbil, non verá definitivamente a luz, xa que as figuras do vehículo de Batman que entregaron os fabricantes non acadaron o nivel de calidade mínimo para poder formar parte dunha edición para coleccionistas á venda por 199,99 euros, polo que preferiron cancelar a súa comercialización antes que defraudar aos fieis seareiros da saga.
Os contidos exclusivos para os que reserven Batman: Arkham Knight tamén estarán no pase de tempada do xogo
Compartir Este Artigo
