Activision anunciou hoxe que grazas ao seu acordo con Peanuts Worldwide o 6 de novembro van pór á venda Carlitos y Snoopy. El Videojuego, un título para PS4, Xbox One, Xbox 360, Wii U e Nintendo 3DS que está inspirado na nova película cinematográfica do personaxe de Charles M. Schulz. Estamos ante un xogo de plataformas e exploración protagonizado polos personaxes da tira cómica que está a celebrar este ano o seu 65º aniversario, que mediante uns controis sinxelos pretende ser accesible para usuarios de todas as idades, permitindo a incorporación dun segundo xogador que controlaría a Emilio para axudar a Snoopy a distraer aos inimigos, abrindo novos camiños e axudando a localizar obxectos coleccionables ocultos.
O videoxogo levará a Snoopy a explorar mundos fantásticos da súa imaxinación para buscar a Charlie Brown e os seus amigos nun complexo xogo das agachadas. A medida que segue as súas pegadas, Snoopy conseguirá novos traxes (baseados nos seus moitos alter egos) que proporcionaranlle habilidades únicas para superar obstáculos e acadar novos niveis, incluídas as fases de voo onde poderá voar no papel de Flying Ace. Percorreremos así as tolas fantasías de Snoopy, o que nos levará a visitar dende Parías ata a lúa.
Trailer promocional de Carlitos y Snoopy. El Videojuego
Snoopy celebra os seus 65 anos cun novo videoxogo
Compartir Este Artigo
