Os subscritores de pagamento de Xbox LIVE durante o mes de agosto van recibir sen custo adicional unha selección de xogos que poderían considerase notables, tanto para Xbox 360 como para Xbox One, con dous títulos por plataforma.
Para comezar forte, durante todo o mes de agosto os usuarios de Xbox One vai ter dispoñible o xogo Metal Gear Solid V: Ground Zeroes, un xogo valorado en 19,99 euros que narra o prólogo dun dos grandes títulos de este ano: Metal Gear Solid V: The Phantom Pain. Este xogo de Kojima Productions saíu hai máis dun ano, e permite familiarizarse á vindeira entrega da saga, achegando unha mostra do que permite o FOX Engine.
Entre o 16 de agosto e o 15 de setembro o outro xogo para Xbox One que estará dispoñible será How to Survive: Storm Warning Edition, xogo valorado en 19,99 euros que rétanos a sobrevivir a un apocalipse zombi.
Os títulos que en agosto están programados para a Xbox 360 son dúas entregas da mesma saga, cada unha dispoñible durante unha quincena, animando así aos usuarios a gozar de ambos de xeito consecutivo. O primeiro en chegar sería Metro 2033, valorado en 14,99 euros e considerado xa un clásico moderno dentro dos xogos de acción en primeira persoa, que destaca pola súa ambientación nun mundo desenvolvido nunha serie de novelas de Dmitry Glukhovsky (que deron lugar a todo un universo narrativo). Na segunda quincena de agosto chegará Metro: Last Light, valorado en 19,99 euros, que vén a ser unha secuela en toda regra, con algún interesante engadido.
En definitiva, 4 xogos que poden pasar a engrosar a colección dixital do
usuario das consolas de Microsoft, dos que cando menos 3 son títulos de
primeira liña, mantendo así un bo nivel en contraste co que ultimamente
acontece con PS Plus, que aposta en exceso por xogos independentes ou editados
unicamente en formato descargable.
