Para o vindeiro 22 de outubro está previsto o lanzamento de Just Dance 2016, o xogo de baile que promete repetir o seu éxito un ano máis para Wii U, Xbox One e PS4, e para ir quecendo motores vén de lanzar un curioso xeito de probar o xogo de xeito anticipado, paro o que teremos que descargar a aplicación Just Dance Controller no noso smartphone Android ou iPhone, para así poder descargar a canción Blame de Calvin Harris Ft. John Newman e así comezar a gozar desta demo.
Aparte da mencionada aplicación móbil, tamén teremos que descargar a versión de demostración de Just Dance 2016 na tende de aplicacións da nosa consola de videoxogos da actual xeración. Para poder gozar da demo sería así necesario que executemos o xogo na consola e a aplicación no smartphone e, de estar ambos dispositivos conectados á mesma rede, funcionará a comunicación entre ambos e poderemos gozar dun adianto da experiencia de Just Dance 2016 cun par de meses de antelación.
Vídeo promocional da demo de Just Dance 2016
Just Dance 2016 estrea versión de demostración
Compartir Este Artigo
