Hoxe foi unha xornada bastante peculiar no Bazar de Xbox, xa que pese a estarmos a venres recibíronse 3 xogos novos xogos descargables para Xbox One, entre os que destaca especialmente The Swindle, un xogo steampunk de delitos cibernéticos no que hai que entrar en edificios, piratear os seus sistemas, roubar os cartos e fuxir antes de que chegue a policía. Entre os atractivos do xogo está que os edificios nos que hai que entrar a roubar non se repetirán no mesmo nivel (xéranse aleatoriamente). Este desafiante xogo desenvolvido por Carbon para Curve Digital está dispoñible a un prezo de 14,99 euros e tamén conta con versións para outras plataformas.
Máis ambicioso parece Submerged, un xogo de Uppercut Games que ten un prezo de 19,99 euros, e que trasládanos a unha misteriosa cidade asolagada na que unha moza chamada Miku levou ao seu moribundo irmán á cidade nunha barca de pesca. A misión deste xogo de combate libre en terceira persoa é navegar polas rúas da cidade, escalar edificios somerxidos e utilizar un telescopio para rastrexar a cidade na procura das provisións necesarias para salvar ao feble irmán. Un xogo cuns gráficos bastante coidados para estarmos ante un título independente.
E para completar a relación de novidades para Xbox One temos a Beatbuddy: Tale of the Guardians, que é o máis económico dos novos lanzamentos (9,99 euros) e que desta volta é un xogo de plataformas que mestura acción e aventura, e permítenos movernos por seis fermosos niveis pintados a man e divididos en cinco capítulos, levando ao xogador a localizacións únicas cunha paleta de cores vivas. Este xogo de acción incorpora a música como un elemento fundamental deste fermoso mundo no que teremos que interactuar co contorno e con diferentes criaturas para abrir camiños e resolver quebracabezas durante a viaxe de Beatbuddy, unha criatura etérea que viaxa para xuntarse coas súas irmás Melodía e Harmonía e deter ao malvado príncipe Mestre coa axuda de Clef, personaxe que aporta un toque cómico á historia.
