A pasada semana Bandai Namco lanzou un lote de xogos a través da iniciativa Humble Bundle que ofrecía xogos tan atractivos como PAC-MAN Championship Edition DX, Platformines e DeadCore para achegar fondos a Save the Children, e aínda que simplemente a presenza de Pac-Man fose suficiente para apoiar esta iniciativa, na pasada noite reforzaron o lote de xogos, que agora convértese nun dos imprescindibles desta iniciativa solidaria.
Deste xeito, os que paguen máis da media (6,67 dólares no momento de escribir estas liñas) recibirán, aparte dos xogos mencionados, os notables Ridge Racer: Unbounded Bundle (xogo de condución con numeroso contido adicional), Enslaved: Odyssey to the West, Ace Combat Assault Horizon, Beware Planet Earth! e, como nova e rechamante novidade, o xogo de Star Trek (baseado no actual universo cinematográfico da franquía creada pro Gene Roddenberry).
De todos os xeitos, resulta máis que recomendable facer unha achega máis xenerosa, xa que por a partires de 10 dólares os participantes neste Humble Bundle tan especial poderán conseguir tamén o xogo Dark Souls: Prepare To Die Edition, un excelente xeito de introducirse na liña actual de xogos de FromSoftware nos que hai que superar numerosos desafíos case de xeito psicolóxico dado o seu elevado nivel de dificultade.
Vídeo promocinal do Humble Bandai Namco Bundle
O último Humble Bundle incorpora o xogo de Star Trek
Compartir Este Artigo
