Microsoft está a probar e dar máis detalles sobre a actualización para a Xbox One que chegará no mes de novembro, e que incluirá unha experiencia de uso máis rápida e unha orientación máis social, atendendo así as demandas dos xogadores, destacando que a New Xbox One Experience será posible grazas á integración de Windows 10, o que levará ao usuario un 50% máis rápido ás características máis populares dos xogos.
As novidades que chegarán á Xbox One en novembro serán a agardada retrocompatibilidade que facilita xogar a títulos de Xbox 360 en Xbox One engadíndolle opcións como tomar capturas de pantalla, transmitir vídeo en directo e gravar as partidas (sendo incluso posible xogar en liña con usuarios que aínda empregan a vella Xbox 360); unha nova Guía que axiliza o acceso ás funcións máis empregadas na consola; un redeseño do menú inicial para facer máis doado atopar os contidos e as actividades que interesen ao usuario; unha nova sección de Comunidade que fai máis social a Xbox One; unha renovación de OneGuide para acceder a contidos de televisión, películas e aplicacións de vídeo; e unha Tenda optimizada para axilizar a localización dos contidos que nos interese adquirir.
Como estas novas funcionalidades están actualmente en probas, e son cambios bastante drásticos, Microsoft decidiu que os usuarios que forman parte do seu programa preliminar que permite acceder ás betas do software de sistema da Xbox One poderán elixir se manteñen as versións de probas anteriores á integración de Windows 10 ou se atrévense a dar o grande salto (para o que entrarán nunha listaxe de espera que priorizará aos usuarios que deron máis feedback no pasado.
Os usuarios de Xbox One xa poden solicitar probar Windows 10 na súa consola
Compartir Este Artigo
