A dous meses do pasamento de Satoru iwata, Nintendo por fin dá a coñecer quen será o novo presidente da compañía, Tatsumi Kimishima, que pasará a ocupar o cargo o vindeiro mércores, deixando así o seu actual rol ao cargo da división de Recursos Humanos da empresa nipoa (no que levaba dende xuño do ano pasado).
Kimishima desenvolveu as primeiras décadas da súa vida profesional no mundo da banda, para rematar o ano 2000 encabezando The Pokémon Company, para pouco despois dun ano pasar a dirixir Nintendo nos EE.UU., e conservando cargos directivos de grande responsabilidade ata a actualidade, polo que a súa elección para dirixir a compañía parece bastante razoable, tendo agora que asumir o grande reto de pilotar o cambio cara a unha compañía que tamén entra no mercado dos smartphones e as tabletas, á vez que terá que lanzar a nova consola Nintendo NX, que terá o complicado reto de conseguir facerse un oco no mercado tras o grande fracaso da Wii U (máquina practicamente irrelevante, que só sobrevive grazas ás fortes franquías de Nintendo).
Tatsumi Kimishima será o novo presidente de Nintendo
Compartir Este Artigo
