Finalmente o xogo Minecraft: Story Mode estreou o seu primeiro episodio titulado The Order of the Stone, de xeito que os afeccionados a esta franquía multi-plataforma de grande creatividade poderán gozar dunha completa historia ambientada na mesma e desenvolvida polo estudio Telltale Games, que tanto éxito colleitou con xogos como The Walking Dead ou Back To The Future: The Game, que nesta ocasión sorprenden especialmente por conseguir programar o lanzamento de todas as versións deste título na mesma semana, cando habitualmente as versións para dispositivos móbiles chegaban semanas máis tarde.
Deste xeito xa podemos mercar os cinco capítulos do xogo en Steam (recibíndoos segundo vaian saíndo) por 22,99 euros; o primeiro capítulo para Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4 tamén pode xa mercarse por 5,99 euros (ou 29,99 euros a tempada completa); e a aplicación para iOS tamén pode adquirirse por 4,99 euros, mentres que o xogo en Android ten un prezo un tanto peculiar (5,38 euros), integrando ambos compras dentro da aplicación para poder facerse co xogo completo.
Minecraft: Story Mode xa está dispoñible en todas as plataformas
Compartir Este Artigo
