Nunha xornada protagonizada nas redes sociais polo novo tráiler de Star Wars: El Despertar de la Fuerza, parecía claro que había que aproveitar a oportunidade para atraer unha maior atención cara ao xogo Star Wars Battlefront, que porase á venda dentro dun mes, e por iso estrearon un novo vídeo promocional no que mesturan o mundo real co xogo e no que, amais, destacan que a PlayStation 4 con disco duro de 1 TB contará cunha edición limitada inspirada no xogo (que conta cun mando exclusivo e o a consola decorada co rostro de Darth Vader).
O xogo desenvolvido por DICE vén de rematar a súa beta pública con grande éxito, polo que é de agardar que aproveite a tracción do novo filme para converterse nun dos grandes éxitos da campaña de Nadal. Para contribuír a crear expectación sobre o xogo, Sony tamén confirmou que en Star Wars Battlefront non só poderemos encarnar a Luke Skywalker ou Darth Vader, senón que na aventura tamén participarán a princesa Leia Organa, o caza-recompensas Han Solo e o malvado Emperador Palpatine. Queda así claro que, pese a estarmos ante un xogo baseado nun potente modo multi-xogador, enriquecerán a experiencia con numerosas referencias ás películas clásicas e tamén ás novas producións cinematográficas.
Novo vídeo promocional de Star Wars Battlefront
