A deficiente calidade da versión para PC do xogo Batman: Arkham Knight levou á súa distribuidora a retiralo das tendas físicas e en liña, para evitar así achegar aos xogadores con ordenadores persoais unha experiencia decepcionante e frustrante, e tras meses pulindo o xogo para que o sen rendemento fose satisfactorio (como practicamente conseguiron na actualización publicada hai pouco máis dun mes) finalmente dende Warner Bros Interactive Entertainment anunciaron o xogo volverá ás tendas o vindeiro día 28, momento no que tamén publicarán os contidos descargables que foron aparecendo para a versión do xogo para Xbox One e PlayStation 4.
Deste xeito, a partires do mércores os usuarios que xa compraran Batman: Arkham Knight para PC poderán gozar por fin do capítulo descargable protagonizado por Batgirl; skins que permiten disfrazar o batmóbil do xogo como se fose o da película de Batman de 1989 ou a do filme de 2008; o lote de skins que permite gozar de 4 aparencias adicionais de Batman (a dos xogos Arkham Asylum e Arkham Origins, a de Batman Black & White, do filme de Batman dirixido por Tim Burton e incluso a estética que presenta o heroe nos cómics dos anos 70) e un de Catwoman, Nightwing e Robin; 6 novos niveis de desafío para Batman, Nightwing, Catwoman e Robin; e unha nova historia que presenta a Nightwing enfrontándose ao Pingüín. A estes contidos iranse engadindo algúns máis nos vindeiros meses ata completar o pase de tempada do xogo.
O mércores volverá ás tendas a versión para PC de Batman Arkham Knight
Compartir Este Artigo
