O operador británico EE está a sorprender comercializando a súa Capture Cam, unha cámara deportiva de peto (de só 55 x 55 milímetros), que non só é capaz de gravar vídeo Full HD a 30 cadros por segundo en tarxetas de memoria microSD de ata 64 GB, e disparar fotografías de 8 Mpíxeles, senón que tamén é capaz de realizar streaming de vídeo a 720p e 30 imaxes por segundo, o que é especialmente atractivo xa que realízase a través da rede 4G da compañía.
O produto aínda podería ser máis atractivo se temos en conta que mediante a aplicación móbil de Skeegle é posible empregar a cámara para retransmitir a través de Periscope, Meerkat ou YouTube. EE tamén achegará unha aplicación para iOS e Android que permite o control remoto da cámara e o acceso aos contidos que rexistra nos seus 4 GB de almacenamento interno.
Un produto realmente rechamante que chegará ao mercado británico antes do Nadal, e que indicaría que os operadores de telefonía móbil poderían ter interese nas cámaras de acción como un elemento que pon en valor as súas novas redes 4G.
EE comercializará unha cámara de acción con 4G no Reino Unido
Compartir Este Artigo

