Tras o pasamento de Shatoru Iwata resultaba complicado continuar retomar a publicación de vídeos de Nintendo Direct, xa que habitualmente estaban presentados por el, que foi quen quixo realizar este tipo de achegamento ao público, ao que sempre se dirixía “directamente”, pero finalmente realizaron unha nova presentación para dar conta de numerosas novidades que foron acumulando nos últimos meses.
Un dos detalles máis salientables deste último Nintendo Direct é que o xogo Super Smash Bros. para Wii U e Nintendo 3DS, recibibirá como personaxe xogable ao icónico Cloud de Final Fantasy VII, adiantando tamén que no mes de decembro publicarán un Direct específico para este xogo de loita.
Outra novidade bastante importante é que a consola virtual da Nintendo 3DS vi recibir o 27 de febreiro os xogos Pokémon Edición Roja, Pokémon Edición Azul e Pokémon Edición Amarilla: Edición Especial Pikachu, coincidindo así co 20 aniversario deste xogos no Xapón, o que é unha grande oportunidade para rememorar uns clásicos de Game Boy.
A outra nova realmente impactante da presentación de Nintendo foi que Hyrule Warriors Legends para Nintendo 3DS vai contar con novo contido, como os personaxes Tetra, Toon Link e o rei de Hyrule (do xogo The Legend of Zelda: The Wind Waker) e Skull Kid (do xogo The Legend of Zelda: Majora’s Mask) e unha incorporación totalmente inesperada, xa que trátase da estrea dun personaxe que vén a ser unha versión feminina do protagonista da saga, Link, que responde ao nome de Linkle, e trátase dunha nena que vive nunha aldea chea de cucos e que destaca por estar equipada con dúas béstas. O xogo tamén estará dispoñible como parte dun pack de edición limitada que incluirá un reloxo compás e sairá á venda o 25 de marzo.
Xa menos rechamantes son os anuncios dunha versión HD de The Legend of Zelda: Twilight Princess (xogo lanzado inicialmente para Wii e GameCube en 2006); que será posible mercar na consola virtual de Wii U os xogos The Legend of Zelda: Phantom Hourglass e The Legend of Zelda: Spirit Tracks para facer máis levadeira a espera por The Legend of Zelda for Wii U (xogo que chegará en 2016 para celebrar o 30º aniversario da serie); detallan que os que merquen Pokkén Tournament en tendas na primavera de 2016 recibirán unha tarxeta amiibo de Mewtow Oscuro de edición limitada; confírmase que Star Fox Zero chegará a Wii U en abril de 2016; o 4 de decembro chegará Xenoblade Chronicles X a Wii U e Mario & Luigi: Paper Jam Bros. a Nintendo 3DS; e moitas outras informacións que podemos ver no vídeo íntegro deste último Nintendo Direct:
O primeiro Nintendo Direct sen Iwata achega numerosas novas
Compartir Este Artigo
