Tras máis de 30 anos de éxito a creación de Alexey Pajitnov, Tetris, consegue manter a súa frescura e diversión, sendo un videoxogos que conseguiu converterse en todo un xénero, e que durante o seu trinta aniversario anunciouse que ía a revitalizarse cunha conversión para as consolas de nova xeración, Tetris Ultimate, que saíu á venda hai cousa dun ano, e que finalmente podemos gozar dende o noso ordenador, xa que vén de estrear versión para PC a un prezo de 9,99 euros.
Tetris Ultimate é unha versión do xogo clásico, que chega enriquecida con numerosos modos de xogo, entre os que non faltan modos cos que loitar contra amigos ou librar batallas por equipos (con ata 4 xogadores á vez). Temos así a posibilidade de xogar en Maratón (chegando ata o nivel 15 conseguindo o meirande número de puntos), Infinito (chegando ata o nivel 30 e continuando a eliminar todas as liñas que sexa posible), Ultra (que persegue superar a nosa marca antes de que pasen 3 minutos), Sprint (instando a eliminar 40 liñas no menor tempo posible), Batalla (permitindo enfrontamentos de un contra un), Encantado (completar o modo Maratón mentres os Tetriminos desaparecen), Derrube (xogando coa complicación de que aparecen minos en pantalla de xeito aleatorio cada 10 quendas) e rematou o tempo (comezando con 30 segundos será posible realizar xogadas coas que gañar segundos nunha desafiante conta atrás).
Chega a PC Tetris Ultimate
Compartir Este Artigo
