Aproveitando a chegada no Nadal do filme Carlitos y Snoopy: La pelicula de Peanuts, xa temos na App Store e en Google Play o xogo Peanuts: Snoopy’s Town Tale, un título free-to-play que permite aos seareiros de Snoopy construír, explorar e investigar os lugares máis icónicos da banda deseñada clásica, contando tamén cun tema especial de Nadal para que os xogadores poidan gozar dunha ambientación moi acaída a esta época do ano.
Este xogo segue os pasos dos Simpson, Padre de Familia e os Pitufos, ou sexa, que trátase dunha especie de Sim City temático, no que podemos construír a nosa propia vila, podendo colocar os elementos de balde ou optando por pagar para desbloquear contidos sen tempos de espera.
Este novo xogo móbil conta con numerosas misións que permiten debloquear niveis, e tamén permite interactuar cos célebres personaxes que rodean o mundo de Snoopy e Charlie Brown. Como detalle adicional temos que poderemos desbloquear as tiras cómicas favoritas dos afeccionados ao longo do xogo.
Snoopy vístese de Nadal no seu xogo móbil
Compartir Este Artigo
