Coa chegada das consolas de nova xeración, que se caracterizan por depender aínda máis de conexión á Internet e actualizacións frecuentes, a piratería de videoxogos pasou a converterse nun fenómeno case esquecido, quedando relegada aos xogos para PC, que son os que continúan a ser vulnerables a esta lacra, o que posiblemente non dure moito tempo se atendemos a declaracións de varios grupos de crackeo, que ante a evolución constante dos sistemas de cifrado e protección estiman que en cousa dun par de anos será imposible facer copias ilegais dos novos xogos para ordenadores persoais.
Este preocupación para certos investigadores e usuarios chegou co xogo Just Cause 3, que inclúe a protección Denuvo, o que impediu que hoxe aínda non estean circulando pola Rede copias do xogo desprotexidas pese a que falamos dun xogo que leva máis dun mes á venda.
Poucas veces un xogo conseguiu superar uns días ao seu crackeo, pero ultimamente están a xurdir xogos que conseguen manterse libres da piratería durante meses, de xeito que ese problema deixa de ser tal, xa que superadas as primeiras semanas da venda dun xogo a aparición de sistemas que vulneren as súas proteccións non afecta aos seus resultados económicos (xa os usuarios que os usuarios que optan a xogar a títulos pirateados en tal momento en ningún caso mercarían o xogo orixinal).
Que as tecnoloxías de protección actuais consigan que un xogo poida estar a salvo varios meses pode supor a práctica desaparición da chamada piratería, especialmente no caso de xogos con entregas anuais, xa que, pasada a febre inicial os xogadores xa teñen a vista posta na seguinte entrega.
A piratería de videoxogos podería erradicarse nun par de anos
Compartir Este Artigo
