Dentro da liña de xogo Arcade Archives, a PlayStation 4 recibe hoxe, en formato descargable, un clásico dos salóns recretivos, Double Dragon II: The Revenge, que por 6,99 euros pode adquirirse para gozalo cos seus gráficos orixinais nunha consola de última xeración, aproveitando as funcionalidades da PS4 como poder compartir capturas de pantalla e vídeos do xogo e tamén poder botar partidas en liña.
Ao igual que a entrega orixinal, Double Dragon II é un título para 2 xogadores (os irmáns Billy e Jimmy), considerado como todo un referente dentro do xénero dos beat’n up, ao que engadiron toques inspirados no manga Puño de Estrella del Norte, dos filmes de Mad Max e incluso das películas de Bruce Lee.
Pese a que estamos ante un xogo con 27 anos a costas, continúa a ser un título divertido, e o director do xogo orixinal, Yoshihisa Kishimoto, confirma que está lonxe de pasar ao esquecemento, xa que pretenden lanzar máis títulos da saga.
O clásico Double Dragon II estrea versión para PS4
Compartir Este Artigo
