Cando adquirimos unha consola de videoxogos cómpre ter moi en conta cos custos ocultos, xa que o prezo oficial poder levar a engano por non incluír elementos importantes como o cable para conectar a consola ao televisor ou unhas baterías recargables para o mando, pero no caso da PlayStation 4 o principal gasto adicional frecuente á hora de mercar a consola é, sen lugar a dúbidas, a compra dun mando adicional para poder xogar dous usuarios á vez na consola (en cooperativo ou competitivo), o que por tempo limitado non será un problema, xa que Sony decidiu lanzar unha atractiva promoción a través da que ofrecerá de balde un DUALSHOCK 4 sen fíos adicional coa compra de calquera modelo de PlayStation 4 (incluíndo os lotes que veñen con xogo incluído) e que aplicaríase a tendas oficiais. Esta promoción está limitada a 16.000 unidades.
Vídeo desta nova promoción
