Para os que non se conforme coa funda con teclado básica para Surface Pro 4 chegou hai pouco ás tendas españolas unha versión da mesma que inclúe lector de pegadas dixitais, á venda por 179,99 euros, e polo mesmo prezo é de esperar que chegue en poucas semanas unha nova funda con teclado que vén de lanzarse nos EE.UU., e que en vez de optar por incorporar novas funcionalidades aposta por materiais de luxo.
A Signature Type Cover é unha funda de Alcantara (material semellante ao veludo producido en Italia) que achega unha estética, sensación e calidade inéditas, que resulta tan elegante como agradable. As súas teclas están espaciadas como nun teclado de portátil estándar e goza dun trackpad de cristal de grande tamaño. Mide 295 x 217 x 4,65 milímetros, pesa 285 gramos e é compatible tanto con tabletas Surface Pro 3 e Pro 4.
Unha curiosa aposta no mundo das tabletas, onde os fabricantes normalmente compiten en prestacións en vez de en accesorios de luxo.
Vídeo de presentación da Signature Type Cover para Surface Pro 4

