Microsoft anunciou hoxe o inicio en España da promoción Los Imprescindibles de Xbox, que consiste nunha oferta de 2 polo prezo de 1 en xogos para a consola Xbox One, e que como exemplo incluiría os xogos Foza Horizon 2, Sunset Overdrive, Killer Instinct, Gears of War – Ultimate Edition, Halo 5, Forza Motorsport 6, Rise of the Tomb Raider, Rare Replay, Halo: The Master Chief Collection e RYSE, matizando que a relación de xogos incluída nesta campaña varía en función do establecemento, de xeito que hai que recorrer aos puntos de venda para saber máis desta promoción.
Aínda que polo momento non se sabe exactamente as tendas que se acollen a esta promoción, o catálogo de Media Markt vixente entre o 28 de abril e o 4 de maio resulta que xa anticipaba esta impresionante oferta, co detalle de que o catálogo de xogos é máis amplo do esperado, incluíndo Quantum Break, o principal xogo exclusivo de Xbox One durante a primeira metade do ano, de xeito que esta promoción está a resultar especialmente atractiva para os que aínda non se fixeran con algún destes imprescindibles. En concreto Media Markt ofrece na promoción todos os xogos de Microsoft e Ubisoft para Xbox One coa excepción dos novos Far Cry Primal e The Division.
Numerosos xogos de Xbox One ofértanse nunha promoción de 2×1
Compartir Este Artigo

