Tras as rebaixas nas tendas dixitais de Steam e PlayStation, chegan agora as de Xbox, que desenvolveranse entre os días 5 e 11 de xullo con descontos que van entre o 40 e o 60% (incluíndo un 10% de desconto adicional para os subscritores Gold) e que, aparte de xogos para Xbox One e Xbox 360, inclúe por primeira vez descontos para Windows 10 (ofertando títulos como Quantum Break, Rise of the Tomb Raider e Gears of War: Ultimate Edition a xeito de cabeza de lanza da integración entre os xogos de Xbox One e Windows 10).
Nos xogos de Xbox One en oferta poderemos atopar con ata o 75% de desconto xogo como LEGO Marvel Super Heroes, The Evil Within ou Wolfenstein: The New Order; con ata o 67% de desconto temos xogos como Call of Duty: Ghosts ou Evolve; cunha rebaixa de ata o 60% teriamos a títulos como Assassin’s Creed Syndicate Gold Edition, FIFA 16, Halo 5: Guardians ou Watch Dogs; ata a metade de prezo estarían Battleborn, Fallout 4 e Zombi, entre outros; e con descontos máis modestos atopariamos xogos como Far Cry Primal, Mirror’s Edge Catalyst, Rise of the Tomb Raider, Star Wars Battlefront, DOOM, Dark Souls III e moitos outros. En definitiva, unha completa selección de xogos que teñen descontos interesantes para animar aos xogadores que van ter tempo no verán para gozar da súa consola para agrandar a súa colección de videoxogos en formato descargable.
Vídeo promocional das nosa rebaixas da tenda de descargas de Xbox
