Cando xogamos en liña identificámonos virtualmente a través de personaxes que presentan a nosa persoa, e que podemos adornalos de xeito fantástico ou para que se parezan a nós, e precisamente nesta última liña non existe moita diversidade, pero dende Microsoft están a amosar certa sensibilidade ao respecto, e un dos responsables da división de xogos para Xbox e Windows, Mike Ybarra, vén de publicar en Twitter un adianto do que será un novo accesorio para os avatares de Xbox LIVE, a cadeira de rodas, atendendo así unha demanda dos usuarios sen agardar a que realicen unha petición público, segundo comentou máximo responsable de Xbox, Phil Spencer.
Polo momento podemos ver como se vería un avatar masculino e outro feminino nunha cadeira de rodas que reflicte o estilo da Xbox, descoñecéndose cando esta opción está dispoñible para o público xeral, aínda que o máis probable é que chegue coa grande actualización que Windows 10 e Xbox experimentarán a partires do 2 de agosto.
Os avatares de Xbox LIVE poderán ir en cadeira de rodas
Compartir Este Artigo
