A retrocompatibilidade que permite gozar de xogos de Xbox 360 na Xbox One é unha funcionalidade que sorprendeu na súa estrea (xa que non se anunciara na presentación da última consola de Microsoft) e que agora está a converterse en todo un reclamo para a compra anticipada de xogos (que en moitos casos inclúen copias dixitais das entregas anteriores editadas para a anterior xeración de consolas), continúa a avanzar a moi bo ritmo, incorporando xogos semana tras semana, e incluíndo finalmente un dos xogos máis demandados, Red Dead Redemption, de xeito que este título de Rockstar Games editado en 2010 poida xogarse en Xbox One, tanto en formato descargable como en disco.
Que agora Red Dead Redepmtion sexa agora un xogo retrocompatible está a ter consecuencias directas, como o feito de que en Amazon.co.uk as vendas do xogo en soporte físico incrementase as súas vendas ata o 6.329%, chegando a subir nas listaxes de vendas desa tenda en liña do posto 1.093 ao 17, e manténdose actualmente como o xogo máis vendido para Xbox 360 en Amazon.com, o que é todo un logro para un título tan vello que está a demostrar terse convertido nun clásico moderno.
Os que non queiran ter que escudriñar en tendas para poder facerse con Red Dead Redemption en disco, poden facerse co xogo en dixital por dende 7,49 euros (para usuarios Gold) o que é unha boa oportunidade para gozar dun xogo que pese denotarse que graficamente pertence á xeración anterior, continúa a ofrecer unha boa experiencia.
O Red Dead Redemption de Xbox 360 xa funciona en Xbox One
Compartir Este Artigo
