Para que os afeccionados dun amplo abano de lecer alternativo (anime, manga, xogos de mesa, banda deseñada, videoxogos…) o recinto de PALEXCO na Coruña vai ser o escenario entre os vindeiros días 14 e 17 dunha nova edición de Hobbycon, unha feira multidisciplinar consolidada cunha importante presenza da tecnoloxía, non só a través dos torneos de videoxogos, senón tamén co actividades sobre drons, impresións 3D, light painting, efectos especiais, un divertido duelo de robots… sendo especialmente salientable a presenza de Enrique Colinet Baxayaun, deseñador de niveis para xogos como Spec Ops: The Line ou Dead Island 2, e locutor e actor de dobraxe (que, entre outras cousas, puxo voz ao protagonista de Unepic).
A vindeira edición da Hobbycon abrirá as súas portas o xoves ás 12:00 horas, e entre as actividades do día podemos destacar os torneos de Mortal Kombat X (PS4) e Pokken Tournament (Wii U) ás 15:30 e 17:00 horas respectivamente. Das actividades do venres podemos destacar o torneo de League of Legends que desenvolverase de 13:00 a 21:00 horas, os torneos de Just Dance (Wii U) e FIFA 16 (PS4) ás 15:00 e 17:30 horas respectivamente, un torneo de Super Smash Bros. (Wii U) por parellas ás 18:00 horas, a charla sobre desenvolvemento de videoxogos de Enrique Colinet ás 18:30 horas e a charla sobre impresión 3D de RQ Studio ás 20:30 horas.
A xornada do sábado é tamén bastante variado, cunha charla sobre efectos especiais ás 13:30 horas e outra sobre fandub ás 17:30 horas, torneo de League of Legends de 13:00 a 21:00 horas, exhibición de Overwatch de 13:00 a 21:00 horas, e tamén torneos de Super Street Fighter IV (PS4) e Super Smash Bros. (Wii U) en individual ás 17:00 e ás 16:30 horas respectivamente.
Na derradeira xornada de Hobbycon terán lugar torneos de League of Legends e Mario Kart (Wii U) que comezarán ás 13:00 horas, torneo de Tekken Tag Tournament 2 (PS3) que comezará ás 14:00 horas, podendo considerase un día cun ritmo máis relaxado de actividades x que de 17:00 a 20:00 horas acollerá un concurso de cosplay, actividade de asistencia masiva que é das máis destacadas deste tipo de encontros.
Para poder acudir ao evento hai que aboar 5 euros cada día ou 15 euros polos 4 días, aínda que cómpre salientar que durante a xornada do domingo os asistentes que acudan vestindo cosplay poderán acceder ao recinto de balde. No lateral dereito do PALEXCO tamén será posible acceder a unha sala de exposicións con acceso de balde durante os catro días da convención.
A continuación presentamos o programa completo de actividades:
