A Comisión Federal de Comercio dos EE.UU. vén de chegar a un acordo con Warner Bros. Home Entertainment por mor das súas malas prácticas ao promocionar o xogo La Tierra-Media: Sombras de Mordor, título baseado na franquía do Señor dos Aneis que, para conseguir un maior impacto no público, contou con partidas patrocinadas de influencers como o popular youtuber PewDiePie, a quen se lle pagaron milleiros de dólares para falar ben do xogo en YouTube e redes sociais, sen deixar claro que era un contido patrocinado.
Os persoeiros da Internet que recibiron o xogo para poder amosarllo ao público comprometíanse a achegar só unha visión positiva do título, sen dar conta dos fallos que atopasen (en boa medida porque empregaban unha versión preliminar do xogo), o que claramente supón unha manipulación que debería anunciarse.
A Comisión asegura que “os consumidores teñen o dereito de saber se os analistas están a dar as súas propias opinións ou discursos pagados” e “compañías como Warner Brothers precisa ser clara cos consumidores nas súas campañas publicitarias en liña”.
No acordo acadado a Warner comprométese a deixar claro empreguen a un influencer nas súas campañas promocionais, de xeito que quede claro que os contidos que o consumidor ver están pagados por unha compañía dentro dunha campaña publicitaria.
O polémico vídeo de PewDiePie
