Continuando a abordar as distintas tendencias do mercado, Huawei non só amplía a súa familia Honor pola gama baixa, senón que tamén quere atender a elevada demanda de terminais de grande tamaño, polo que pon á venda o seu ambicioso Honor Note 8, un smartphone de gama media que ousa lucir unha pantalla Super AMOLED de 6,6 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1440 píxeles, o que supón unha grande aposta pola calidade de imaxe e non só polo tamaño.
Este enorme teléfono pode sorprender polo seu grosor de 7,18 milímetros, e aínda que pese 219 gramos, ao estar repartido nunha ampla área é de esperar que non resulte pesado. Funciona cun potente procesador Kirin 955, 4 GB de RAM (LPDDR4) e capacidades de almacenamento de 64 e 128 GB a un prezo de 2.499 e 2.799 iuans respectivamente (337 e 377 euros), cámara traseira de 13 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe e frontal de 8 Mpíxeles (ambas cunha apertura f/2.0), lector de pegadas dixitais, dobre SIM, sistema operativo EMUI 4.1 (baseado en Android 6.0) e unha xenerosa batería de 4.500 mAh que pode cargarse rápido a través do seu porto USB-C e que promete autonomías de ata 13,4 horas de reprodución de vídeo Full HD ou 6,5 horas de uso combinado.
Huawei atrévese cun smartphone con pantalla de 6,6 polgadas
Compartir Este Artigo

