Estamos afeitos a ver como no panorama dos videoxogos retro trunfa Nintendo, compañía á que dedican numerosas retrospectivas e libros, pero os seareiros de SEGA tamén teñen o seu corazonciño, e para atender aos inxustamente descoidados segueiros está a prepararse o libro Mega Drive Legends, que poderá reservarse a partires do vindeiro día 16 por 29,95 euros e que sairá á venda a mediados de setembro converténdose no primeiro libro da editorial Game Press.
O volume estará composto 176 páxinas en formato A4 nas que debullan os 154 xogos máis representativos de Mega Drive, á vez que tamén repasan a historia da consola, os seus modelos, os tipos de cartuchos, os periféricos, as campañas publicitarias, as revistas da época e moitas outras curiosidades como o proceso de creación dun cartucho ou da tradución ao español dun xogo.
Mega Drive Legends leva xestándose dende abril de 2015 e verá a luz grazas ao traballo de José Ángel Ciudad (fundador de Game Press) quen recrutou a expertos en SEGA como Raúl Montón The Punisher, José Antonio Moreno Evil Ryu, José Andrés Xtrema Retro, Jordi Dorce ZeroSith, Dani Vandrell, Daniel María Orikom ou Francisco Javier Fran_Friki, coñecidos colaboradores de revistas e podcasts do sector.
Un libro repasará a historia da Mega Drive
Compartir Este Artigo
