Falto só un mes para o lanzamento do xogo de condución Forza Horizon 3, e para quecer motores dende Microsoft non se conforman con ofrecer o primeiro Forza Horizon dentro dos Xogos con Gold de setembro, de xeito que ofrecen tamén completamente de balde o xogo Forza Motorsport 6 ata o vindeiro domingo para usuarios Gold, ou sexa, que os usuarios que paguen subscrición para poder xogar en liña poderán tamén descargar o xogo de Microsoft Studios lanzado o ano pasado (e que durante estes días tamén ten un prezo rebaixado de 41,99 euros).
Con esta iniciativa Microsoft pretende que os que non coñezan esta franquía de xogos de condución poida probar en primeira persoa e durante toda unha fin de semana, a experiencia de velocidade e competición que transmiten, facendo así que moitos rematen converténdose en fieis seareiros desta marca que para moitos lidera os xogos de condución da actual xeración.
Forza Motorsport 6 conta cun catálogo de ´mais de 450 coches, permite competir ata a 24 xogadores á vez en 26 localizacións célebres, conta con gráficos Full HD a 60 imaxes por segundo e promete un xogo en liña moi sólido e variado, que incluso permitirá que en momentos nos que non atopemos rivais podamos enfrontarnos a pilotos virtuais controlados pola nube.
Os usuarios Gold poderán xogar de balde a Forza Motorsport 6 esta fin de semana
Compartir Este Artigo
