Microsoft quere animar aos usuarios de Xbox 360 e Xbox One que aínda non paguen por unha subscrición Gold de Xbox LIVE a que dean o salto, polo que dende hoxe e ata o día 30 permiten gozar do xogo en liña totalmente de balde, polo que os que teñan xogos con tal opción (dende shooters ata xogos deportivos) poderán probar o multi-xogador e, por se algún usuario aínda non conta con ningún título deste tipo, completan a promoción ofrecendo de balde para usuarios de Xbox One Borderlands: The Handsome Collection, tamén coñecido como Borderlands: Una Colección Muy Guapa, que é unha recompilación das versión definitivas de Borderlands 2 e Borderlands: The Pre-Sequel adaptadas ás consolas de nova xeración.
Entre os detalles máis interesantes deste xogo é que conta coa posibilidade de que ata 4 xogadores poidan xogar en local a pantalla partida (polo que non só resulta atractivo para subscritores Gold) aínda que a mellor experiencia conséguese xogando en liña con ata 4 xogadores.
Vídeo promocional dos días de multi-xogador de balde en Xbox LIVE
