O vindeiro día 5 celébrase en San Francisco o Day of the Devs, un evento anual organizado por Double Fine e iam8bit, ofrecendo aos desenvolvedores interesados unha boa oportunidade para amosar os seus xogos a convidados de todas as idades, e para que este encontro teña tamén proxección na Rede decidiron levalo ata unha campaña semanal de Humble Bundle, na que venden unha selección de xogos a un prezo que define o usuario e que achegará fondos a causas benéficas.
O Humble Day of the Devs 2016 Bundle ofrece a todos os que realicen algunha contribución económica os xogos Lumino City, Broken Age e Titan Souls, mentres que os que paguen máis da media (pouco máis de 4 dólares) conseguirán tamén Massive Chalice, Oxenfree e Grim Fandango Remastered.
Quen pague a partires de 9 dólares recibirá Day of the Tentacle Remastered un pase VIP para o Day of the Devs, que permitirá aos seus posuidores acceder cun par de horas de antelación ao recinto do evento e un desconto do 20% nas tendas do evento e na tenda en liña de iam8bit.com.
Double Fine e iam8bit ofertan os seus xogos nun lote solidario
Compartir Este Artigo
