Dentro da franquía Sonic de SEGA destacara en 1993 o xogo Sonic CD por editarse en soporte para Sega Mega-CD, ou sexa, en formato CD-ROM incluíndo audio de alta calidade e vídeo dentro do propio disco, que por fortuna contou con reedicións para PC, PS2, GameCube e outras plataformas ao longo do tempo, de xeito que non quedou limitado a un reducido número de usuarios que tiveron a anecdótica Sega Mega-CD e que estes días, e por tempo limitado, está dispoñible de balde para iOS nunha edición con publicidade adaptada para iPhone e iPad.
O Sonic CD pódese descargar agora na App Store de xeito gratuíto, estando restaurado o xogo para poder gozarse nas pantallas Retina dos trebellos móbiles de Apple, con xogabilidade optimizada e incluso con logros do GameCenter e marcadores en liña. Unha grande oportunidade para os nostálxicos que aínda non tiñan este título nunha plataforma de xogo moderna.
Sonic CD para iOS ofrécese de balde por tempo limitado
Compartir Este Artigo
