Os ordenadores de pequeno tamaño para pode empregar no escritorio sen que ocupen moito espazo teñen bastante atractivo para o fogar, pero normalmente están orientados a usos básicos, o que quere mudar o HP Z2 Mini, que defínese como a primeira estación de traballo mini, xa que estamos ante un ordenador con potencia dabondo para traballos de deseño por ordenador que tería un tamaño un 90% menor que un ordenador en formato torre, mantendo a súa altura en só 2,3 polgadas (5,8 centímetros).
Dende HP aseguran que o seu novo equipo ten o dobre de potencia que calquera outro ordenador con este formato que haxa actualmente no mercado, engadindo que o HP Z2 Mini está deseñado para poder achegar potencia dabondo sen que iso supoña por en compromiso a tranquilidade acústica do contorno de traballo (o seu sistema de refrixeración permite que sexa un 63% máis silencioso outros mini ordenadores).
Este pequeno equipo funciona cun potente procesador Intel Xeon, unha rápida unidade de disco HP Z Turbo Drive de ata 1,5 TB de capacidade e gráfica nVIDIA Quadro Pro M620, prestacións bastante elevadas para un dispositivo deste formato que sairá á venda en todo o mundo en decembro a un prezo que parte dos 699 dólares (652,73 euros).
Vídeo promocional do HP Z2 Mini

