Os usuarios Gold de Xbox LIVE que teñan unha Xbox One e gusten dos xogos de baloncesto poderán pasar unha magnífica fin de semana, xa que poderán gozar de balde do xogo NBA 2K17 dentro dos Xbox LIVE Gold Free Play Days, o que permitiralles probar a fondo o considerado como mellor xogo de baloncesto ata o momento e, no caso de decidir a súa compra, poderán adquirilo cun importante desconto durante eses días (en vez do prezo habitual de 69,99 euros o xogo custará 48,99 euros, existindo descontos semellantes tamén nas edicións Leyenda e Leyenda Gold).
Como vén a ser habitual neste tipo de promoción, os usuarios que se animen a probar o xogo poderán gozar do mesmo sen limitacións e, se deciden adquirilo finalmente poderán conservar todos os progresos que fixeran durante a fin de semana de balde.
Un dos vídeos promocionais de NBA 2K7
