O xornalista gráfico Frank West elixiu unha data curiosa para volver ás nosas vidas, e precisamente na xornada de onte estreou o xogo Dead Rising 4, no que este intrépido personaxe volve á carga para protagonizar unha nova historia de mortos viventes, na que volveremos a contar cun amplo arsenal que poderemos combinar para combater á horda zombi.
Esta nova aventura estrea novas clases de zombis, exotraxes e un modo multi-xogador cooperativo para 4 xogadores. Os xogadores que queiran gozar desta nova historia de Frank West poden xa adquirir o xogo por 69,99 euros na súa versión para Xbox One, ou pagar 10 euros menos para facerse coa súa versión para Windows 10.
Tráiler de lanzamento de Dead Rising 4
