O pasado outono iniciou a súa chegada á PlayStation 4 a serie de xogos ACA NEOGEO, que achegaban á consola de Sony títulos de SNK que trunfaran en salóns recreativos nos anos 90, e por fin a consola de Microsoft comeza a recibir o mesmo tratamento, comezando a semana pasada coa adaptación do clásico xogo de golf Neo Turf Masters e o título de loita World Heroes, aos que hoxe súmanse máis populares como NAM-1975 (shooter en terceira persoa que poderiamos describir como unha versión de Cabal ambientada na guerra do Vietnam) e Metal Slug (que iniciou a que probablemente é a saga de run and gun máis popular da historia), podendo adquirirse cada un a un prezo de 6,99 euros.
Espérase que nas vindeiras semanas, a un ritmo dun par de xogos á semana, cheguen tamén os xogos Samurai Shodown, Fatal Fury, Alpha Mission II e The King of Fighters ’94, permitindo así que os xogadores de Xbox One poidan gozar de grandes clásicos de recreativa na súa consola doméstica, mantendo os gráficos e a xogabilidade orixinal (e incluso os modos competitivos en local).
Os clásicos de Neo-Geo chegan a Xbox One
Compartir Este Artigo
