Aínda que a compañía Naughty Dog estea moi asociada a franquías de éxito como Uncharted e The Last of Us, anos atrás eran coñecidos por outro par de franquías, Crash Bandicoot e Jak and Daxter, e esta última, orixinaria de PlayStation 2, vai volver este ano en formato descargable para que poida rememorarse en PlayStation 4 nunha edición mellorada.
Os xogos que chegarán en breve á PlayStation 4 serán concretamente as 3 primeiras entregas da saga (Jak and Daxter: El Legado de los Precursores, Jak II: El Renegado e Jak 3) ás que se unirá tamén un clásico xogo de carreiras para PlayStation 2, Jak X: Combat Racing (que aínda que non contará con modo en liña, si permitirá competir a pantalla partida).
As novas versións dos xogos de Naughty Dog estarán adaptados para lucir gráficos Full HD, serán compatibles co sistema de trofeos e tamén contarán con melloras adicionais como SharePlay ou o uso a distancia.
Vídeo promocional da adaptación dos xogos de Jak and Daxter de PS2 a PS4
