HTC ten un novo smartphone no seu catálogo,, que para moitos resultará atractivo pola súa xenerosa batería de 4.000 mAh (que permitiría empregar o teléfono ata preto de 2 días cunha única carga), pero que polo momento só pode adquirirse en Rusia por 19.990 rublos (336 euros). O HTC One X10, cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Helio P10, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámara traseira de 16 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles con grande angular e lector traseiro de pegadas dixitais deixa claro que é un gama media que cunha carcasa metálica integral pode presumir tamén de bo deseño, podendo converterse nunha grande opción para quen quere un smartphone de calidade e boa autonomía, pero non quere realizar o elevado investimento económico que esixen os terminais de alta gama.
Detallando máis especificacións o HTC One X10 conta con Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, HTC BoomSound e dobre SIM; o seu grosor é de só 8.23 milímetros e pesa 175 gramos.

