Hoxe chega ás tendas en versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC o xogo de Arkane Studios Prey, a última produción de Bethesda Softworks que colócanos no rol do suxeito chave dun experimento que espera mudar á humanidade para sempre e que esperta a bordo da estación espacial Talos I, que orbita ao redor da lúa no ano 2032. A estación está a ser invadida por alieníxenas hostís que nos darán caza, de xeito que haberá que combinar a exploración para descubrir os escuros segredos da Talos I e do pasado do protagonista, coa supervivencia, facendo uso das ferramentas que iremos atopando.
O xogo é un thriller de ciencia ficción cunha ambientación moi peculiar, xa que pese a transcorrer no futuro a nave está deseñada para reflectir o luxo corporativo dos anos 60 e a súa construción chea de camiños interconectados e non lineais busca ocultar moitos segredos que iremos desvelando. A ameaza alieníxena tamén é bastante peculiar, xa que consiste nunha presenza tebrosa que infesta a Talos I buscando aniquilar á súa presa.
É posible experimentar o xogo de distintos xeitos, en función da evolución das habilidades do protagonista e as ferramentas que se use, podendo así optar polo sixilo, o movemento ou o combate segundo as situacións que teñamos que superar.
Tráiler de lanzamento do xogo
