Existen moitos perfís de usuario que precisan equipos informáticos de certa potencia, pero non queren sacrificar moito espazo no seu escritorio, e para atender a esa demanda Lenovo vén de presentar o ordenador ThinkStation P320 Tiny, que a compañía considera que sería a estación de traballo máis pequena do mercado con certificación ISV, que mide 182,9 x 179 x 34,5 milímetros (1,13 litros) e pesa 1,3 quilogramos, contando tamén coa opción de incorporarlle un adaptador VESA (o que facilita a súa ocultación detrás dun monitor).
Os equipos ThinkStation P320 Tiny poden equiparse con procesadores Intel Core de sétima xeracións, gráfica nVIDIA Quadro P600, ata 32 GB de RAM DDR4 a 2.400 MHz e ata 2 TB de almacenamento, contan con 6 portos USB 3.0, 4 miniDisplayPort, 2 DisplayPort, Ethernet e tomas de audio, de xeito que sería un produto moi atinado para profesionais como arquitectos, enxeñeiros o profesionais das finanzas (pois teñen potencia dabondo para mover os gráficos en varios monitores á vez). O seu prezo nos EE.UU. parte dos 799 dólares.
Lenovo presenta unha estación de traballo cun volume de pouco máis dun litro
Compartir Este Artigo

