Os amantes das aventuras gráficas teñen unha nova oportunidade para facerse cunha completa selección de xogos de Telltale Games para PC a través dun lote solidario, The Humble Telltale Bundle, que durante un par de semanas estará dispoñible, ofrecendo a posibilidade de optar cunha achega de a partires de 1 dólar as dúas primeiras entregas de Sam & Max, Puzzle Agent e Bone, Hector: Badge of Carnage, Telltale Texas Hold’em, Poker Night at the Inventory e a primeira tempada de The Walking Dead.
As persoas que fagan unha achegan superior á media (7,90 dólares no momento de escribir estas liñas) recibirán tamén a segunda tempada de The Walking Dead, The Walking Dead: Michenne, Tales from the Borderlands, o xogo inspirado na serie Game of Thrones e algún título máis que confirmarse nos vindeiros días.
Finalmente quen xa opten por pagar 15 dólares poderá obter un dos grandes éxitos dos últimos meses, Batman – The Telltale Series, así como Minecraft: Story Mode co seu pase de aventura.
Telltale ofrece un atractivo Humble Bundle de aventuras gráficas
Compartir Este Artigo
